sábado, 5 de julio de 2014

NOVA OFERTA DE CURSOS NA AULA CEMIT

A aula CEMIT do soto da Casa Dopeso acollerá a vindeira semana dúas novas accións formativas. Un curso de informática para estranxeiros e outro enfocado a obter o máximo partido ás conexións de internet. Para ambas as dúas especialidade seguen quedando prazas vacantes.   O curso de informática para estranxeiros celebrarase do luns 7 ao venres 11 de Xullo, en horario de nove da mañá a once. Os requisitos para participar son estar empadroado no Concello de As Pontes e ter nacionalidade distinta da española.   O outro seminario leva por título Sácalle partido á túa conexión, e impartirase do mércores día 9 ao mércores 16 de Xullo, en horario tamén de nove da mañá a once. Neste caso, o único requisito que se pide para participar é estar empadroado no Concello de As Pontes. Para participar destes cursos, as inscricións teñen que tramitarse no Servizo de Orientación Laboral, no segundo andar da Casa Dopeso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario