sábado, 5 de julio de 2014

ESTA SEMANA REALIZARANSE OS EXAMES PARA AS PRAZAS DE CONDUCTOR DE MOTOBOMBA E SOCORRISTA.

O martes e o mércores culminaranse os dous procesos selectivos que tiña abertos o concello pontés, cos exames para a contratación dun socorrista e tres operarios de motobomba. Os procesos de selección, que se van desenvolver madiante concurso oposición costarán de diferentes probas en función da praza á que se opte. No caso dos candidatos e candidatas á praza de socorristas tiñan que contar coa formación mínima de socorristas acuáticos, segundo o decreto 104/2012 do 16 de marzo; namentras que os que optan ás prazas de conductor debían contar co permiso de conducir C. No tocante á proba de socorrista realizarase unha proba de nado libre de 300 metros, outros 50 metros de nado libre pero con material auxiliar, e outros tantos con remolque de compañeiro. Asemade, tamén se valorarán os servizos prestados como socorrista, as titulacións relacionadas coa praza, os curso de protección civil, socorrismo e natación desenvolvidos, os cursos de buceo e submarinismo e o coñecemento da lingua galega. Con respecto á oposición para as prazas de conductor de motobomba será valorada a experiencia en postos que implicasen a realización de tarefas coma operario-conductor de motobomba, o coñecemento da lingua galega e tamén se desenvolverá un exame práctico para que cada aspirante demostre o seu coñecemento e manexo da mesma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario