sábado, 5 de julio de 2014

O CONCELLO DE AS PONTES ABRE O HEXÁGONO ONDE XA TRABALLAN 11 ASOCIACIÓNS

O Concello de As Pontes ven de abrir ó uso público o hexágono, o popular inmoble ubicado en plena Fraga que foi sometido a un dilatado proceso de redistribución e adecuación para novos usos. Este edificio situado nas marxes do río Eume, súmase á oferta que dinamizará definitivamente esta zona, co parque do Eume, o paseo fluvial, o local do polbo, e o muiño de Prieto. Para a recuperación que derivará nestes novos usos foi precios un investimento total de case oitocentos mil euros nestes últimos anos, e con ata sete precedencias distintas, dende todas as administracións, local, autonómica, e estatal. O hexágono, xa aberto ó uso da poboación, conta con aulas e oficinas que serán destinadas ás actividades desenvolvidas por varias das entidades pontesas, así como locais de ensaio e gravación para os grupos musicais que os precisen. A nova oferta dun espazo público albergará a entidades deportivas coma o C. A. Olympo, culturais como Alende, ou profesionais como a Asocación de Empresarios, e artesanais como Artesáns do Eume. En total son ata once as asociacións que contan cos seus locais no novo edifício municipal, e o propio alcalde, Valentín González, asinaba con cada unha os convenios de cesión que lles outorgan o seu uso, facéndose cargo cada agrupación dos gastos de mantemento xeral de cada un deles. Estes locais cumprirán o papel de sés, oficinas, obradoiros, salas de reunión ou de exposición, o que cadra co obxectivo de usos múltiples que se quería dar dende o goberno municipal á nova infraestructura. Posibilidades de uso que se van ver incrementadas co aproveitamento do patio cuberto de 260 metros cadrados co que se conta entre os dieferentes locais no centro mesmo do hexágono Logo dunha década de deterioro do inmoble, e despois dun longo período de abandono, a estrutura levantada foi redistribuida para dar un servizo que permita ser util tanto para os que alí vaian desenvolver os seus labores como para os que queiran visitar e aproveitar as instalacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario