miércoles, 15 de octubre de 2014
O Concello de As Pontes abre o prazo de inscrición para o exitoso programa municipal de inglés de conversación
Nas clases poderán tomar parte alumn@s de 3º a 6º de Primaria e de 1º de ESO de todos os colexios de As Pontes.
As Pontes, 14 de Outubro de 2014.-
A Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá vén de facer públicas as bases que rexerán a selección do alumnado do programa municipal de Inglés de Conversación.
Un ano máis, e xa van 7, o Departamento que dirixe o concelleiro José Alén, volve ofertar estes obradoiros de conversa gratuítos e dirixidos a un máximo de 75 estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO de todos os colexios das Pontes, distribuídos en 5 grupos de 15 alumn@s cada ún.
O prazo de presentación de solicitudes para acollerse a este programa xa está aberto e finalizará o luns da semana que vén, o día 20 de Outubro. As solicitudes de participación no obradoiro pódense descargar a través da páxina web do Concello www.aspontes.com e unha vez cubertas deberanse entregar no Departamento de Servizos Sociais, no segundo andar da Casa Dopeso, en horario de mañá.
As bases tamén establecen que no caso de que a demanda existente sexa superior ao número de prazas convocadas, a selección do alumnado realizarase mediante sorteo público, fixado para o día 22 de Outubro ás nove da mañá na aula polivalente da Casa Dopeso, e a listaxe de admitidos xa se dará a coñecer ao día seguinte, o xoves 23 de Outubro.
As clases comezarán a partir do luns 27 de Outubro e, como novidade, desenvolveranse este curso no soto da Casa Dopeso, dacordo cos seguintes horarios. Para os alumnos e alumnas de 3º de Pirmaria, serán os luns, de 17:15 a 18:15; os estudantes de 4º de Primaria, deberán acudir ás clases de inglés de conversación os martes de 17:15 a 18:15. O horario fixado para os rapaces e rapazas de 5º de Primaria é luns, de seis e media a sete e media da tarde. E os de sexto, acudirán ás clases os martes de seis e media a sete e media da tarde. Xa por último, os estudantes de 1º de ESO terán as clases de inglés de conversación, os martes de catro a cinco da tarde.
Para unha información máis detallada poden acceder á páxina web municipal, no enderezo www.aspontes.com; achegarse ata o servizo psicopedagóxico de luns a venres dende as 8 da mañá e ata as 3 da tarde ou ben telefonar ao 667 129 335.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario