viernes, 17 de octubre de 2014

O Concello de As Pontes renova o patronicio do programa “Eu almorzo no Cole”.

A Concellería de Servizos Sociais destina unha partida de 12.000 euros a este programa de conciliación da vida laboral e familiar, do que se benefician medio cento de familias pontesas .   O Concello de As Pontes renova o seu compromiso co eido educativo, a través da sinatura de convenios de colaboración cos colexios A Fraga, e A Magdalena, os únicos que ofertan na Vila o programa “Eu almorzo no Cole”. O concelleiro de Servizos Sociais José Alén era o encargado de rubricar estes concertos de colaboración, cos representantes das ANPAS As Medoñas (A Fraga), e Outo Eume (A Magdalena). A Concellería que preside o edil José Alén non escatima en gastos á hora de favorecer aos estudantes da localidade. Así, A Fraga recibe unha subvención de 5.300 euros para o desenvolvemento do seu programa de almorzos, ao que diariamente, de 8:00 a 9:00 h., acuden unha vintena de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Pola súa parte, A Magdalena recibe 6.700 euros para o mantemento dun programa ao que acuden, durante o curso escolar, unha media de trinta estudantes. No caso deste centro o servizo Eu almorzo no cole préstase entre as 7:30 e as 10:00 h. Dúas horas e media nas que os pequenos comensais, ademais de almorzar de forma equilibrada, cun menú elaborado por unha nutricionista, aproveitan tamén para repasar as leccións do día, pintar, xogar, ou desfrutar das actividades manuais que para eles organiza a ANPA, e sempre baixo a supervisión de dúas monitoras. Eu almorzo no Cole reedítase por séptimo ano consecutivo no colexio A Magdalena, e por quinto no colexio A Fraga. Nambos os dous centros o obxectivo final é o mesmo, axudar ás familias dos estudantes ponteses a conciliar vida laboral e familiar. Unha tarefa na que a actitude da Concellería de Servizos Sociais é exemplar ao propiciar a apertura dos centros fóra do horario lectivo.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario