domingo, 15 de febrero de 2015

A parella Dolce Vita de Barcelona adxudícase o primeiro Mundialito de Futbolín de As Pontes

O evento, organizado pola concellería de Xuventude, contou con máis de 110 parellas de todos os puntos do país As Pontes, 15 de Febreiro de 2015.- As Pontes convertiuse onte na capital nacional dun dos xogos de mesa máis atractivos para novos e adultos e é que, o municipio pontés albergou a primeira edición do Mundialito de Futbolín de As Pontes, unha competición que se estreaba no circuíto nacional e con moi bos resultados xa que o número de inscritos superaron os 110, con procedencias tan dispares como Galicia, Cantabria, Asturias ou Cataluña. O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Xuventude, apostou por esta interesante á par que novidosa competición e na que tamén se contou coa organización de Xogos 3 Meigos e Mundofutbolín.com. Durante toda a xornada, veciños, curiosos e, por suposto, xiareiros deste xogo se achegaron ata o patio do Colexio Santa María para desfrutar das diferentes partidas que se desenvolveron ata preto da medianoite e que se dividiron en tres categorías e unha cuarta dirixida a competidores locais. No tocante aos resultados, a victoria na primeira categoría foi para a parella Dolce Vita, de Barcelona que, na final derrotou a Nevado e Israel; terceiros foron Ferrán e Hector e a Federación Pontesa remataba nun positivo quinto lugar desta categoría. En segunda división venceron Zipi y Zape a Pub Tibor3, terceiros foron Punto R e cuartos Johny e Manuel. Na terceira categoría a victoria foi para Clito Sport, seguido de Pub Tibor 2. Terceiros foron Lisardo e Jonathan e cuartos Francisco e Manolo, e na competición local, na que houbo un total de 15 parellas inscritas impoñíase o equipo Borea Borea na final ao RS. Terceiros foron Borja e Iván e no cuarto posto remataron Pedro e J.Manuel. Os gañadores repartíronse non só suculentos premios económicos que foron dos 40 aos 1.600 euros senón tamén trofeos e medallas, premios que se repartiron nunha cerimonia que se celebrou coa medianoite e que estivo presidida polos edís de Xuventude, Jesús Tembrás; Obras, Antonio Lourés; e Seguridade, Eladio Bouza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario