martes, 27 de enero de 2015
Café con Libros estreará o luns a súa nova tempada na cafetería Venus
O programa Café con Libros regresará a vindeira semana á súa actividade e farao na cafetería Venus. Será o luns, día 2, dende as 11.30 horas e, coma sempre, a encargada de achegar as novidades literarias a todos os veciños e veciñas que se pasen por este local será Anabel Alonso.
A principal responsable da biblioteca Enrique Rivera Rouco levará consigo non só as últimas apostas literarias das grandes editoriais, senón tamén outros tipo de textos adicados a temáticas tan dispares coma a natureza, a historia, o mundo infantil ou as viaxes aos que, de seguro, tamén se sumarán algúns fondos audiovisuais da impresionante colección que podemos atopar entre as paredes e arquivos da biblioteca municipal.
Como é habitual en cada unha das súas visitas, Café con Libros incluirá un folleto no que se recollen algunhas das obras que, o vindeiro luns, poderemos desfrutar xunto co café da mañá grazas a este programa no que, unha vez máis, os libros vólvense viaxeiros para achegarse ao día a día de veciños e veciñas que, malia desfrutar coa lectura, aínda descoñecen o gran mundo que podemos atopar con tan só achegarnos á biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario