A Concellería de Xuventude, que preside o edil Jesús Tembrás, ultima os preparativos para a celebración en As Pontes do Mundialito de Futbolín, unha competición que se desenvolverá o sábado do Entroido, na modalidade de parado, e que repartirá 7.430 euros en premios.
En concreto na primeira categoría, aos primeiros dezaseis clasificados entregaranse 5.000 euros en premios. 1040 euros serán para as oito parellas gañadoras na segunda categoría. Destinaranse tamén 810 euros para os oito primeiros clasificados na terceira categoría. E finalmente haberá 580 euros a repartir entre as oito parellas gañadoras na categoría local. Haberá ademais trofeos e medallas para todos os gañadores.
O Mundialito de Futbolín desenvolverase dende as 11.00 horas do 14 de Febreiro na pista do colexio Santa María. As inscricións teranse que facer a través dos teléfonos 661 94 58 28 ou o 677 80 99 54 e terán un custe de 40 euros por parella, agás para os xogadores de As Pontes que gozarán da inscrición gratuíta, pero neste caso teranse que anotar nas oficinas do Pavillón Municipal. O que é igual para todos os competidores é a data límite para anotarse: o 10 de Febreiro.
Ademais do Concello de As Pontes forman parte tamén da organización deste evento as empresas Mundofutbolín e Xogos 3 Meigos.
miércoles, 28 de enero de 2015
O I Mundialito de Futbolín de As Pontes repartirá o 14 de febreiro máis de 7.000 euros en premios

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario