lunes, 2 de febrero de 2015

As Pontes celebrará o martes de Entroido da man dunha cabalgata de disfraces na que se repartirán mais de 2500 euros en premios

As Pontes celebrará o martes de Entroido coa tradicional Cabalgata de disfraces, na que poderán participar todas as persoas que así o desexen cumprindo coa normativa establecida pola Concellería de Cultura. Como en anteriores edicións haberá dúas categorías de participación, infantil, para nenos e mozos de ata 16 anos, e adultos, e dentro destas dintínguense as subcategorías de grupos, parellas, e individual. O Concello repartirá 2780 euros en premios, que para as categorías infantís serán en forma de vale canxeables por libros, material e xogos educativos e didácticos. Para a entrega deses premios, o xurado valorará a orixinalidae, o vestiario, a capacidade de representación, a´si como tamén o desenfado e ánimo de Entroido ao longo de todo o percorrido. Na categoría de grupos de adultos os premios serán de 400 euros, 250, e 150 euros para os tres primeiros clasificados, ademais dun accésit de 50 euros. Os mellores disfraces de parellas adultos recibirán premios de 200, 100 e 75 euros. E na categoría individual-adulto o primeiro clasificado recibirá un premio de 100 euros. O segundo 50 euros, e finalmente o terceiro millor disfraz recibirá 30 euros. Na categoría infantil entregaranse cinco premios de 150 euros aos mellores grupos, 75 euros ás parellas mellor disfrazadas e 50 euros aos cinco millores disfraces individuais. Haberá, asemade, un conto para cada ún dos participantes na categoría meniños que, neste caso, non entraría no concurso. As inscricións para tomar parte na Cabalgata de Entroido teranse que tramitar, a partir da vindeira semana, no Departamento de Cultura, no 1º andar da Casa Dopeso, de luns a venres en horario de dez da mañá a unha e media da tarde e ata o mesmo martes de Entroido á unha da tarde. A Cabalgata de Entroido partirá ás 17.00 horas da Rúa Monte Caxado, o martes día 17, percorrendo as Avenidas de Ortigueira e Castelao, a Praza do Hospital, Avenida de Galicia, Alexandre Bóveda e a parada final será no patio do Colexio Santa María, e a entrega de premios farase ao remate da cabalgata.

No hay comentarios:

Publicar un comentario