martes, 19 de marzo de 2013
O Concello de As Pontes participará, por segundo ano consecutivo, na campaña Presume de praceiro/a
O Concello de As Pontes participará, por segundo ano consecutivo, na campaña Presume de praceiro/a, que ten por obxectivo poñer de relevo a figura profesional dos praceiros, ao tempo que se incentivan as compras e se promocionan e visibilizan os mercados e prazas de abastos como referentes na compra de produtos frescos e de calidade.
O departamento municipal de Promoción Industrial que dirixe Montserrat García volverá respaldar esta iniciativa que, ademáis de en As Pontes, estará presente noutro cento de mercados de toda Galicia, da man da Consellería de Economía e Industria.
A través desta campaña os clientes dos mercados poderán votar polo seu praceiro ou praceira favorita e, deste xeito, entrar no sorteo de tres vales de compra por valor de 75, 50 e 25 euros, a gastar no mercado municipal. Todo isto mediante uns boletos que se repartirán durante toda esta semana e ata o 3 de maio e que tamén recibirán premio.
De feito, xa están programados os dous sorteos e que terán lugar o día 12 de abril e o 3 de maio, asemade, procederase a contar os votos obtidos por cada praceiro, e os elixidos verán recoñecida a súa profesionalidade e dedicación nunha homenaxe pública.
E é que, dende a consellería de Economía e Industria, o que se busca é recoñecer a profesionalidade destes homes e mulleres, o seu consello e asesoramento á súa clientela e, ao mesmo tempo, incentivar a compra de productos da terra.
Na anterior edición da campaña, recolléronse 1.300.000 votos que supuñan outras tantas vendas producidas durante o mes e medio que durou a iniciativa, sendo o establecemento máis votado na nosa vila a Carnicería Elías. Máis de 560 clientes das prazas galegas foron premiados cun total de 28.200 euros repartidos en bonos ou cupóns para comprar novamente nos diferentes mercados de abastos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario