miércoles, 10 de abril de 2013
O poeta pontés Santi del Moral presenta o venres Instantes Detidos
• A biblioteca municipal organiza esta presentación que arrincará ás 21.30 horas nas dependencias da Casa Dopeso.
O poeta pontés Santi del Moral presentará o venres nas dependencias da Casa Dopeso de As Pontes o seu último traballo literario: Instantes Detidos, nunha convocatoria organizada dende o departamento municipal de Cultura, mediante a biblioteca de As Pontes.
O tamén membro do grupo poético Alalá dará a coñecer esta publicación, editada por Biblos, dende as 21.00 horas, nunha convocatoria na que se dará lectura a varios dos textos incluídos neste libro, adicados a temáticas coma a nosa terra, as nosas xentes e sobre todo á marabillosa paisaxe galega.
Como padriño desta presentación Santi del Moral contará coa compaña do tamén poeta Eduardo Estévez, unha faciana xa coñecida pola súa participación en diferentes recitais organizados polo grupo Alalá.
Asemade a música tamén ocupará unha parte importante desta cita coas actuacións das Cantareiras de Alende e de Manolo Seijo coa súa zanfona.
Instantes Detidos darase a coñecer o venres ás 21.00 horas no salón de actos da Casa Dopeso e a entrada será totalmente libre.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario