


A Feira do queixo e o mel, de Goente, volvía resultar un éxito que confirma definitivamente o seu protagonismo no calendario de festividades gastronómicas pontesas.
Baixo a organización da Casa do mel, e o Concello pontés, a cita volvía concitar o interese de miles de visitantes, que pasaron ó longo do día pola parroquia de Goente para disfrutar dun amplo e variado programa. Música, excursión á escombreira, exposicións de artesanía, de motos clásicas, e coches de competición ocuparon a xornada concitando o interese de multitude de visitantes que aproveitaron para realizar as súas compras de mel ou de queixo, con resultados moi satisfactoriso para os vendedores.
Tamén houbo tempo para que case se esgotasen as existencias no xantar popular do que se fixeron mil racións, que estiveron perto de completarse cunha moi boa afluencia, sen dúbida favoreida polo bo tempo.
Como a festa durou a ate entrada a noite tamén se despacharon centos de merendas ó longo da atred nas que xa se limitaba o cuberto a freixós e queixo.
Nos concursos de mellores meles, con máis dunha rintea de candidatos, os premios foron moi repartidos por zonas de porcedencia.
O mellor mel claro recaeu en Manuel Piñeriso Filgueiras, de A Capela, cun mel de Labrada, en Guitiriz, como finalista, colleitado por Tomás Romero Freire.
Nos claros resultou gañador un local, do Freixo, Francisco cao Vázquez, con Vicente calvo Rodrígeuz como finalista, este último de Pontoibo.
Tamén se fixo unha mención especial ó mel monofloral de breixos, polas súas características diferenciables, para Manuel Eduardo Fojaco, que recolleu o seu mel na carballeira, en As Pontes.
Nas receitas, este ano gañou unha torta de requeixo, mel e albaricoque, da Panadaría San José, en categoría profesional nos dóces. En salgado Manuel Jesús Suárez levou o premio profesional cunhas boliñas picantes de peixe sapo con mel.
En particulares a vencedora foi a mesma en dóce e salgados. Ana Soto apostou por un xeado de requeixo con crocante de mel e noz e por unhas palmeiras de queixo respectivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario