martes, 1 de abril de 2014

O Concello creará dúas listas de agarda para os servizos de Obras e Limpeza

O Concello de As Pontes mantén aberto o prazo para a presentación de solicitudes dirixidas á creación dunha lista de agarda para a contratación temporal de persoal laboral, para os servizos de obras e de limpeza do concello. Esta lista de agarda ten como fin cubrir as necesidades transitorias destes servizos que se prestan dende o executivo local, mediante a contratación temporal para a cobertura de vacacións, baixas médicas ou excedencias. Este listado idearase mediante o sistema de concurso - oposición no que se valorará a experiencia laboral dos candidatos nun servizo similar, ata un máximo de 4 puntos, e tamén os coñecementos dos candidatos. Así, para as prazas de operario realizarase unha proba práctica eliminatoria, sobre as tarefas propias do posto de traballo e que abarcan campos coma a fontanería, a albanelería, a pintura, a carpintaría e cerralleiría, a electricidade, as medidas de seguridade no traballo, a sinalización de obras na vía pública, a protección e conservación das zonas verdes e os elementos do mobiliario urbano. No tocante á modalidade de limpadora, realizarase unha proba oral sobre os produtos de limpeza máis usuais; as técnicas, utensilios e maquinaria de limpeza; os diferentes tipos de suciedade e a súa limpeza; a organización do traballo de limpeza, a prevención de riscos laborais e as normas e precaucións para o almacenaxe de produtos de limpeza. Asemade, os candidatos a ámbalas dúas listas deberán ser de nacionalidade española ou dun estado da unión europea; ter cumpridos os 16 anos de idade; non padecer eiva física que impida o normal exercizo da función; non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente; non ter sido separado mediante expedente disciplinario doservizo do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local. No tocante ás solicitudes, éstas deberán presentarse no rexistro xeral do concello, onde tamén é posible consultar as bases desta lista de agarda. Asemade, tamén é posible acceder á páxina web municipal no enderezo www.aspontes.com para coñecer as bases deste proceso. BASES

No hay comentarios:

Publicar un comentario