


O Colexio Oficial de Químicos de Galicia escolleu As Pontes para celebrar o seu patrón: San Alberto Magno, de ahí que o pasado sábado máis dunha ducia de integrantes deste colectivo se desprazasen ata a nosa vila para participar na súa asamblea xeral anual, que tivo como escenario a Casa Dopeso, e tamén en diferentes visitas que levaron aos participantes a espazos coma o lago ou a entulleira de Endesa.
A mañá arrincaba na Casa do Concello onde, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, presidía a recepción oficial a este colectivo. Con el o edil de Medio Rural, Antonio Castro, e o decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra.
O primeiro edil agradecía a elección de as pontes como sé desta xuntanza anual e tamén facía referencia, no seu discurso, ao importante vencello do municipio co mundo da química con empresas coma Calvo Sotelo ou Endesa e tamén factorías de recente implantación na vila coma Delagro ou Verdiberia Aqualab.
González Formoso tamén fixo referenza á importante riqueza natural coa que conta As Pontes e citaba a entulleira ou o lago coma exemplos da boa convivencia e relación existente entre o municipio pontés e a explotación mineira que leva décadas mantendo a economía local.
Pola súa parte, o decano Antonio Macho apuntaba ao importante papel dos químicos no día a día da cidadanía e puxo a desposición da mesma todo o saber e coñecemento deste sector e dos seus profesionais.
O acto rematou cun intercambio de agasallos. Por parte do concello de As Pontes, o decano Macho Senra recibía unha reproducción do vaso campaniforme e unha copia do libro Gota a Gota, elaborado por Soledad Souto; namentras que dende o Colexio de Químicos de Galicia se facía entrega dunha medalla en recoñemento á colaboura do cabildo pontés con este colectivo.
Trala foto de grupo tocaba trasladarse ata a Casa Dopeso onde tivo lugar lugar a Xunta Xeral do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asamblea Xeral da Asociación de Químicos de Galicia. Posteriormente, os asistentes a este encontro visitaron o lago e a entulleira e participaron nun xantar co que se pechaba esta xornada de convivencia e no que se facía entrega a Luis Castedo, Pedro Fernández, Manuel Fuertes, José Antonio Lago e Francisco Vázquez do galardón de Colexiados Distinguidos pola súa labor e tamén por levar xa un cuarto de século neste campo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario