jueves, 19 de febrero de 2015

Xuventude propón actividades para os máis novos que permitan a conciliación da vida laboral e familiar durante as mañás de sábado

O Concello de As Pontes vai reeditar, dende este sábado, o seu programa de conciliación da vida laboral e familiar para as mañás da fin de semana. Novamente será a concellería de Xuventude a que se encargue do desenvolvemento deste programa e que deixa a Casa de Don Pedro para trasladarse ata o soto da Casa Dopeso. Alí, cada sábado, as monitoras do espazo infantil Picariños dirixirán diferentes obradoiros e actividades para nenos de entre 2 e 10 anos de idade e cuios pais e nais deban traballar durante a mañá ou ben teñan que atender ás súas obrigas domésticas. Todo un respiro para aquelas familias que non teñen con quen deixar aos seus pequenos os días que non hai escola. Para esta primeira xornada, dende a concellería que dirixe Jesús Tembrás apostouse por obradoiros e diferentes xogos que arrincarán ás 9.00 horas e que se desenvolverán, gratuitamente, ata as 13.30 horas ata o 23 de maio. Coma sempre haberá prazas limitadas, sendo necesario que cada pequeno ou pequena que desexe participar se inscriba a mesma xornada na que acuda a estes obradoiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario